Últimas noticias

« Volver
29/3
2019

TEJERINA: "O PP SEMPRE SE VOLCARÁ CO SECTOR AGROALIMENTARIO E CO MEDIO RURAL"

“O Partido Popular sempre se volcará co sector agroalimentario e co medio rural tanto en España como para defender os seus intereses en Bruselas ante a Unión Europea”. Son palabras da vicesecretaria de Sectorial do PP e exministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, durante unha visita esta mañá á bodega Pazo Baión, en Vilanova de Arousa. “E un luxo estar hoxe na provincia de Pontevedra”, afirmou.

Un encontro no que estivo acompañada pola número un da lista dos populares de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, a quen calificou dun “referente” na política española, que representa o rigor, a moderación e a sensatez do PP, e por candidatos ás Alcaldías do PP na comarca. Tamén acudiu a número tres da candidatura, Elena Suárez.

“O sector agroalimentario ten un gran potencial si se lle acompaña coas medidas axeitadas, como sempre fixo o PP”, asegurou. Para o PSOE a Política Agraria Común (PAC), deixou de ser unha prioridade”, dixo García Tejerina en declaración aos medios, engadindo que “Sánchez non ten tempo para pedir os cartos dos agricultores en Bruselas”.

Igualmente, asegurou que o Goberno “non fai nada” polo sector forestal da provincia de Pontevedra, calificando de “incomprensible” a decisión de poner en risco o futuro de mais de 5.000 familias que dependen de Ence.

Pola súa banda, Ana Pastor recoñeceu o traballo en favor do sector de Isabel García Tejerina. “Sempre foi oi unha batalladora en Bruselas a prol do campo galego”, dixo. Finalmente, recalcou o interés en que “Isabel García Tejerina estivera no Salnés, “onde se elaboran uns viños de excelente calidade”.


Recibe nuestras noticias

 Al introducir tu correo aceptas nuestra política de privacidad


Síguenos en

Enlaces de interés

Diseño Diseño Web Galicia - Desarrollo de Páginas Web - Dos Espacios
© 2010 PP Vilagarcía de Arousa