Esta mañán, na sede do PP de Vilagarcía, Elena Suárez e Ana Granja sentaron cos voceiros da Plataforma polas listaxes de agarda da Sanidade Pública galega. O ambiente que presidiu este encontro foi "realmente bo e de cooperación".
As populares recolleron as demandas do colectivo e trasladaron o traballo que se está a levar a cabo desde a Consellería de Sanidade, os últimos datos actualizados e a mellora das ratios actuais.
Todas as partes quedaron en reanudar nas vindeiras semanas estes encontros.