Últimas noticias

« Volver
1/10
2020

ELENA SUÁREZ VISITA ÁS MARISCADORAS DE A PÉ, ANTE A ESCASEZA DE BIVALVO

Elena Suárez achegouse esta mañán a Bamio para reunirse coas mariscadoras de a pé de Carril, que denuncian unha importante escaseza de bivalvo, o que repercute directamente no seu traballo e preocupa de cara ás vindeiras semanas e meses. A deputada autonómica, con presenza na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo, que precisamente se estreou en actividade parlamentaria defendendo os intereses dos profesionais do marisqueo, puido comprobar in situ as dificultades que atopan a diario para poder cubrir os cupos de extracción. “É certo que a baixa presenza de bivalvo engade máis dificultades ó traballo e que teñen que investir moitas máis horas para obter menos quilos do habitual. Están preocupadas”, recoñece Suárez Sarmiento.

A principal demanda das traballadoras vai enfocada directamente do ISM (e por extensión do Goberno Central), organismo de quen depende a cobertura das baixas laborais do sector. É importante lembrar que o ano pasado o ISM subiu a cota de cotización dos seus asegurados nun 25%, esgrimindo unha suposta mellora na súa cobertura. En consecuencia, dada a situación actual de dificultade na produción, é de esperar que o ente estatal cubra a súa reclamación dunha prestación económica.

Suárez agradece a oportunidade brindada polas mariscadoras de a pé para coñecer máis polo miúdo o seu problema e entende o seu malestar co Instituto Social da Mariña.


Recibe nuestras noticias

 Al introducir tu correo aceptas nuestra política de privacidad


Síguenos en

Enlaces de interés

Diseño Diseño Web Galicia - Desarrollo de Páginas Web - Dos Espacios
© 2010 PP Vilagarcía de Arousa