Últimas noticias

« Volver
21/3
2019

O PP DEFENDE ÓS TRABALLADORES DO MAR FRONTE Ó AUMENTO DAS COTIZACIÓNS DO PSOE

O Grupo Municipal do PP de Vilagarcía ven de presentar a seguinte moción para o seu debate plenario na sesión correspondente ó mes de marzo de 2019:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A finais do ano pasado aprobouse o Real Decreto-lei 28/2018, para a revalorización das pensións públicas e outras medidas urxentes en materia social, laboral e de emprego, sendo convalidado polo Congreso no mes de xaneiro. A realidade é que, tal e como teñen denunciado os deputados do grupo parlamentario popular no Congreso dos Deputados, este real decreto sube as cotizacións aos traballadores do mar, dobrándoas na meirande parte dos casos, supoñendo esta modificación un aumento importante do custo da Seguridade Social para as empresas pesqueiras, con especial incidencia nas empresas do Grupo II de cotización ao Réxime Especial do Mar.

Aínda que no Real Decreto Lei se exclúen as cotizacións para as embarcacións inferiores a 10 toneladas, cando se acode á remisión ao proxecto de presupostos, non se recolleu esta exclusión que formulaban no Real Decreto-Lei, co cal aos pescadores artesanais, ás mariscadoras e aos percebeiros lles pasarían a dobrar este tipo de cotización.

Se se acode á remisión ao proxecto de presupostos e non se recolle a exclusión que plantexan neste Real Decreto-Lei, co cal aos pescadores artesanais, ás mariscadoras e aos percebeiros lles dobran este tipo de cotización. Hai que ter en conta tamén que isto aumentaría o custe das cotizacións dos barcos nuns 50 euros/mes por tripulante. Para un barco de cerco ou de arrastre, con 10 persoas a bordo, supón uns 500 euros máis ao mes e uns 6.000 ao ano, cuestión que haberá que deducir dos salarios toda vez que na meirande parte dos barcos andan “a quiñón” ou “á parte” e verán restrinxido o montante do que se reparte.

A maiores, esta suba é tamén aplicable ás mariscadoras, que ven como, por termo medio, se lles incrementa a contía de pago en arredor de 45 euros, ou o que é o mesmo, case un 25%.

Ademais, e vistas as modificacións realizadas, ningún colectivo obtén melloras substanciais nesta reforma que xustifiquen ou compensen esta suba nos pagos á Seguridade Social.

Isto motivou que o Partido Popular realizase unha defensa da necesidade de corrixir ese aumento das cotizacións ou de compensar con novos avances en dereitos a suba, feito que levou a cabo tanto no Congreso, onde o Partido Popular foi o único que votou en contra da convalidación deste Real Decreto-lei, coma no Parlamento de Galicia, onde cabe subliñar que esta petición de rebaixa foi rexeitada tanto polo PSOE como polo BNG, e non foi apoiada por En Marea.

Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Municipal do Partido Popular solicita ao Pleno da Corporación do Concello de Vilagarcía de Arousa a adopción do seguinte acordo: O Concello de Vilagarcía de Arousa insta ao Goberno Central a que teña en conta os efectos perniciosos que esta suba de cotizacións terá sobre o persoal inscrito no Réxime Especial do Mar e a que corrixa esta modificación legal deixando sen efecto esta suba dos abonos á Seguridade Social ou ben a que outorgue novos dereitos e beneficios aos inscritos que compensen ese incremento.


Recibe nuestras noticias

 Al introducir tu correo aceptas nuestra política de privacidad


Síguenos en

Enlaces de interés

Diseño Diseño Web Galicia - Desarrollo de Páginas Web - Dos Espacios
© 2010 PP Vilagarcía de Arousa