Últimas noticias

« Volver
18/5
2020

AS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS SERÁN O 12 DE XULLO

A COVID-19 provocou o aprazamento das eleccións autonómicas previstas para o pasado 5 de abril. A nova data, atendendo ós criterios e recomendacións das autoridades sanitarias, será o DOMINGO 12 DE XULLO DE 2020. O Presidente da Xunta de Galicia dará cumprimento á súa obriga de convocar comicios dentro do mandato natural de 4 anos.

As conversas coa oposición foron continuadas e as distintas forzas políticas estiveron informadas puntualmente dos pasos a seguir. A partir de agora entramos en precampaña, aínda que non será ata 15 días antes cando haxa unha campaña como tal, aínda que será marcadamente "atípica".

O goberno da Xunta de Galicia seguirá exercendo o seu labor, como fixo sempre, poñendo ós galegos e galegas no epicentro da súa toma de decisións.


Recibe nuestras noticias

 Al introducir tu correo aceptas nuestra política de privacidad


Síguenos en

Enlaces de interés

Diseño Diseño Web Galicia - Desarrollo de Páginas Web - Dos Espacios
© 2010 PP Vilagarcía de Arousa