Últimas noticias

« Volver
31/1
2020

O PP RECLAMA Ó GOBERNO QUE ACLARE O REGLAMENTO DE COSTAS

Alcaldes e voceiros do Partido Popular nos concellos afectados pola modificación do regulamento xeral de Costas, acompañados polos deputados nacionais María Ramallo e Javier Bas, reclamaron hoxe ao Goberno de Pedro Sánchez concreción e que deixe de dar bandazos con decisións que crean inseguridade xurídica nun sector fundamental para a provincia. Unha medida que afecta a conserveiras, depuradoras, cocedeiros e, en definitiva, a todo o sector estratéxico do mar que conta cunha autorización no dominio público marítimo terrestre, que frea investimentos e pon en perigo moitos traballos. María Ramallo, alcaldesa de Marín e deputada nacional do PP, denunciou que “esta modificación pon en xaque a estabilidade de moitas industrias e empresas da provincia, que dependen única e exclusivamente de unha prórroga que ata o de agora a Lei de Costas concedía con total criterio e normalidade”. Por iso, os populares piden que “o Goberno conteste e aclare por escrito os aspectos que manteñen en vilo a todo o sector”. Foi en Vilagarcía de Arousa, e xunto a Ramallo estiveron alcaldes e voceiros dos concellos de Vilagarcía, A Illa, O Grove, Vilanova, Arousa, Cambados, Sanxenxo, Poio, Pontevedra, Bueu, Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda. P R O V I N C I A L P O N T E V E D R A Avd. Raíña Victoria 9, 2º | 36002 PontevedraTel. 986 851 400 prensa.pppontevedra@gmail.com www.pppontevedra.com Ramallo dixo que “temos medo de que os criterios que se están marcando sexan os que se inclúan finalmente na modificación na que traballa o Ministerio”, e por iso referiuse á “intranquilidade que está vivindo un sector que ten unha importante carga social, porque hai moitos traballos en xogo, pero tamén moitos investimentos. Esta inseguridade desalenta para facer un plan de investimentos a medio ou largo prazo, e pode provocar un desastre se moita da industria do sector terra-mar nos abandona”. En canto ás principais incertezas que crea esta modificación do regulamento, a deputada destacou o prazo das prórrogas das concesións. “Nas primeiras resolucións administrativas vemos que hai un cambio de criterio á hora de prorrogar as concesións. O primeiro caso está en Cee, e a consecuencia de que as empresas non poidan contar cun prazo amplo da prórroga impide facer un plan de investimentos a medio e longo prazo. As empresas precisan saber si hai estabilidade, e por iso as concesións teñen que concederse por un período máis longo de tempo”. Por último, os populares recordan que ninguén confirma a día de hoxe que non se vai facer unha modificación da lei. E nesta liña, sinalan que “as presións do propio sector e do Partido Popular están provocando que nos últimos días o PSOE estea improvisando con este tema. Pero a experiencia dinos que non son de fiar, e tememos que estean esperando a que pasen as eleccións galegas para dar o machadazo, como xa fixeron co AVE ou co IVA”. Así, recordan que ao contrario do que están dicindo os socialistas, o borrador elaborado polo Ministerio de Transición Ecolóxica si existe, estivo publicado na súa páxina web e, de feito, estivo en exposición pública para que empresas e administracións presentasen alegacións.

Recibe nuestras noticias

 Al introducir tu correo aceptas nuestra política de privacidad


Síguenos en

Enlaces de interés

Diseño Diseño Web Galicia - Desarrollo de Páginas Web - Dos Espacios
© 2010 PP Vilagarcía de Arousa