Elena Suárez Sarmiento debutou no Parlamento de Galicia defendendo a postura do goberno autonómico da Xunta de Galicia na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo. Foi nunha Proposición Non de Lei interposta polo BNG na que todos os grupos coincidiron na necesidade de apoiar, como o está a facer a Consellería do Mar, ó sector do mar.