Últimas noticias

« Volver
18/9
2020

O PP APOIA A SUSTENTABILIDAD E DO MARISQUEO CON 5,2 MILLÓNS DE EUROS

Elena Suárez Sarmiento foi a encargada de defender na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo a Proposición non de lei referente ó destino da totalidade do importe máximo establecido na Orde do 4 agosto de 2020, a axudas para apoiar a sustentabilidade do sector do marisqueo durante o presente exercicio, interposta, neste caso polo BNG.

A deputada vilagarciá puxo en valor tanto o papel fundamental que desenvolven as persoas traballadoras do mar na economía local e autonómica como o labor da Xunta durante a pandemia, que puxo contra as cordas a todo o persoal do sector. Suárez Sarmiento foi a voz de todo o Grupo parlamentario popular, quen aposta polo destino dos 5,2 millóns de euros (5.214.413,48 euros) en axudas para estes profesionais nun momento realmente delicado para a súa profesión.

Esta inxección económica da Consellería do Mar da continuidade á determinante defensa, sostida no tempo, polo equipo que lidera Rosa Quintana, quen puxo as ferramentas ó servizo do sector para facilitar o traballo nos momentos máis duros da crise orixinada pola Covid-19. Entre as medidas implementadas destacan: Cumprida información de como traballar en alerta sanitaria; reparto de medios preventivos (50.000 unidades de protección e máscaras nos distintos Portos de Galicia); un plan de desinfección de espazos portuarios dependentes do ente público; seguimento da actividade co control de moluscos bivalvos realizados polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (permitiron poñer no mercado un total de 15.000 toneladas de produtos do mar); actuacións administrativas encamiñadas a permitir paralizar a actividade ás persoas por motivos de saúde ou que tivesen persoas ó seu cargo sen penalización; seguimento periódico da comercialización, tanto nos prezos como na actividade en lonxa; así como campañas de promoción dos produtos do mar... “Esta clara aposta da Xunta de Galicia por defender ós profesionais do marisqueo chocou frontalmente coa postura do Goberno Central, ó que se lle requiriu, en repetidas ocasións, que tiveran sensibilidade coas necesidades e particularidades deste sector clave”, explica Elena Suárez.

O 19 de marzo demandouse o cese da actividade do marisqueo ó Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. O 1 de abril (e despois o 14 do mesmo mes), solicitouse ó Ministerio de Sanidade que aclarase se a actividade do marisqueo a pé de moluscos bivalvos e de recursos específicos puidera ser pechada desde Galicia ante a caída das vendas e das dificultades para realizar o traballo. Finalmente o ISM respostoulle ó sector que a Xunta non tiña competencias para poder efectuar ese peche solicitado ó ser responsabilidade do Goberno do Estado.

Estas diferenzas de criterio e de defensa do sector entre a Xunta e o Goberno tamén teñen tradución nas axudas económicas implementadas, sendo as promovidas pola Consellería do Mar “moi superiores” ás nacionais. No caso do Ministerio son de 50 euros por día traballado, mentres que as da Xunta oscilan desde os 57 ó 91 euros por día traballado, “case o doble”.

Elena Suárez, despois do seu debut en Comisión parlamentaria, recoñeceu que “tiven a satisfacción de estrearme no Parlamento de Galicia apoiando ó sector marisqueiro nun momento especialmente delicado. Queda constancia unha vez máis de que os populares estamos do lado dos profesionais do mar e que en tempos difíciles como os actuais hai que traballar para defender ós profesionais dun sector clave para Vilagarcía, O Salnés e Galicia”.


Recibe nuestras noticias

 Al introducir tu correo aceptas nuestra política de privacidad


Síguenos en

Enlaces de interés

Diseño Diseño Web Galicia - Desarrollo de Páginas Web - Dos Espacios
© 2010 PP Vilagarcía de Arousa