Últimas noticias

« Volver
19/12
2020

SUÁREZ: "VARELA NEGA UN SEMÁFORO XA CONCEDIDO NO VERÁN. É UN ESCÁNDALO"

O alcalde socialista Alberto Varela leva moito tempo tomando decisións que perxudican a Vilagarcía, pero no caso de Sobradelo e Vilaxoán parece que existe unha especial campaña para non mellorar a vida dos seus veciños. O rexedor leva 134 días silenciando, ocultando e negando o semáforo que demanda a Plataforma Vilaxoán Esperta e que xa foi concedido pola Xunta de Galicia en verán, concretamente o 7 de agosto de 2020, data na que se recepcionou e se abriu en Ravella esa notificación do goberno galego, quedando pendiente da autorización municipal para a conexión á rede eléctrica e polo tanto habilitado para a súa instalación en San Cibrán, Sobradelo. Queda acreditado que a día de hoxe Ravella segue sen conceder esa autorización. "O resto son as habituais pataletas deste alcalde e deste goberno".

“Gobernar Vilagarcía conscientemente en contra dos intereses dos vilagarciáns é un escándalo e un castigo inxustificable contra a veciñanza”, advirte a propia Elena Suárez.

A deputada autonómica popular foi a principal impulsora da solución que reclamaban os usuarios da zona. Foi ela quen implicou á voceira municipal e a varios representantes da plataforma veciñal para estar presentes na visita de traballo do técnico autonómico sobre o terreo e quen promoveu a recente visita á sede da Delegación da Xunta en Pontevedra para aclarar este asunto. “Este tema foi o meu primeiro compromiso como deputada autonómica e polo que se ve, o PSOE está máis pendente de gobernar contra os avances e melloras que solicitan os veciños que de ser unha administración áxil, transparente e responsable. Por sorte, en Sobradelo e en Vilaxoán todo o mundo ten claro que esta deputada e este partido puxeron todas as ferramentas ao servizo das súas peticións e que Alberto Varela leva meses adicado a poñer trabas e negar que o único responsable do retraso é el e a súa maneira de entender a política”, explica Suárez.

A popular cre que “de todos os conflitos e desplantes de Varela nos últimos anos, que foron moitos e moi variados, este pode ser un dos máis graves e ilóxicos porque o máis difícil está resolto pola Xunta pero prefire manter vivo un problema sen resolver de seguridade por puro egoísmo partidista, aínda que para elo perxudique a unha zona tan importante e poboada como Sobradelo e Vilaxoán”.

Suárez lembra que o único que fixo o alcalde e o goberno socialista nestes meses foi “intentar atacar e menosprezar o labor do PP e o meu como deputada, mentindo nos medios de comunicación, no pleno e ocultando a realidade de maneira consciente e continuada”. “Varela non ten saída e diga a o que diga para intentar desviar a atención, o único que é certo é que a Xunta segue sen recibir a autorización para a conexión e que pola súa culpa levamos máis de 4 meses sen ter o paso de peóns seguro que piden os veciños, que son para os que ten que gobernar, non para poñerlle trabas á Xunta, que vai ser quen pague a obra”.

De feito, o 1/10/2020, o BNG preguntou na quenda de rogos e preguntas no pleno municipal por este asunto, tal e como se pode comprobar na videoacta, e a resposta que se trasladou foi que non había novidades da Xunta, cando realmente levaba xa 2 meses no fondo do caixón. “O alcalde leva ocultando e mentindo desde agosto sen inmutarse. É gravísimo”. O que está claro é que a día de hoxe non contestaron por escrito ó requerimento de autorización datado en agosto.

Sen ánimo de entrar a polemizar, e tendo claro que os feitos falan por si mesmos e deixan notablemente mal parado ao alcalde e ás súas mentiras, os populares esixen de Ravella que autorice de maneira inmediata a conexión eléctrica e que deixe de perxudicar conscientemente aos veciños de Sobradelo e Vilaxoán. “O vaso da paciencia xa está desbordado”.


Recibe nuestras noticias

 Al introducir tu correo aceptas nuestra política de privacidad


Síguenos en

Enlaces de interés

Diseño Diseño Web Galicia - Desarrollo de Páginas Web - Dos Espacios
© 2010 PP Vilagarcía de Arousa