Últimas noticias

« Volver
22/12
2020

LA XUNTA TENDE A MAN A RAVELLA PARA MELLORAR O PAVILLÓN DE FONTECARMOA

O estado de conservación do pavillón municipal de Fontecarmoa require dun programa de inversións urxentes que solucionen os diversos problemas e carencias existentes, que son sobradamente coñecidos polos usuarios e o público, e que levan anos pendentes de resolución por parte do Concello.

Ante o perigo que supón esta falta de inversións, a Xunta de Galicia ponse do lado dos deportistas e clubes que empregan estas instalacións e tende a man a Ravella para que, conxuntamente, ambas institucións traballen na mellora no pavillón de Fontecarmoa. “Está claro que é urxente actuar no pavillón. Agora, por medio da Xunta, intentaremos que o deporte vilagarciá poida beneficiarse de melloras”, explica Elena Suárez, deputada autonómica popular.

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia propón ao Concello de Vilagarcía a firma dun convenio de colaboración para axudar a resolver deficiencias que están a perxudicar aos clubes e aos deportistas desta cidade que teñen que adestrar e xogar nesta pista. “Se o goberno local quere e coopera, terá axuda autonómica, nesta instalación municipal, que é da súa competencia. O Deporte desta cidade merece estar atendido e en óptimas condicións”, apunta Suárez.

A propia deputada no Parlamento de Galicia, xunto coa voceira municipal, Ana Granja e o presidente de Novas Xeracións do PP, Raúl Santamaría, mantiveron unha reunión coa directiva do Cortegada para analizar, entre outros asuntos, as necesidades e carencias de Fontecarmoa. Os populares transmitiron o relato dos usuarios, non só do equipo de Liga Feminina 2, aos responsables autonómicos da Secretaría Xeral, que está disposta a axudar ao Concello de Vilagarcía para mellorar as infraestruturas actuais.

Lembra Suárez Sarmiento que “a única actuación do goberno de Varela en 5 anos foi a autorización dun gasto de 15.000 euros para nunha auditoría... Ás portas do 2021 esta instalación municipal segue reclamando inversións municipais reais que non chegan e segue ser estar en condicións”.

A raíz da reunión co Cortegada, establécense obras prioritarias e realmente urxentes, como o arranxo dos vestiarios e dos baños para o público, algo que demandan todos os usuarios e equipos que usan o pavillón. “Para ver o lamentable abandono municipal non fai falla unha auditoría, basta con ir un día ata Fontecarmoa e comprobalo”, apuntan os populares.

A propia Suárez asegura que “desde 2015 esta área freou en seco. Non hai inversións, non hai un modelo definido e non se aposta polo futuro. A Xunta, por contra, está disposta a botar unha man, xa que ao Deporte hai que axudalo e promovelo”.


Recibe nuestras noticias

 Al introducir tu correo aceptas nuestra política de privacidad


Síguenos en

Enlaces de interés

Diseño Diseño Web Galicia - Desarrollo de Páginas Web - Dos Espacios
© 2010 PP Vilagarcía de Arousa